• Ortigueira está a incumprir as directrices europeas en materia de depuración de augas residuais, os núcleos rurais están á cola en cuanto a saneamento e un núcleo importante como Espasante conta cunha depuradora insuficiente para o volume de residuos actual e, dende logo, ridícula para o número de vivendas que se pretenden construír: O municipio necesita xestionar un importante investimento para acometer obras de saneamento y depuración das augas residuais para acadar os niveis que esixe a Comunidade Europea, necesario para preservar a calidade e salubridade das augas da nosa comarca. Nos núcleos rurais sería desexable que se adoptaran os novos sistemas de depuración biolóxicas e minidepuradoras.
    • Demandamos unha estratexia integral de xestión selectiva do lixo, que abarque todo o territorio municipal, incluíndo as parroquias. O destino do lixo recollido será a reciclaxe e a compostaxe
    • Os municipios teñen tamén que tomar parte no esforzo colectivo contra o cambio climático, pola reducción de gases de efecto invernadoiro e polo aforro enerxético. Este compromiso implica:

    1. A adopción de medidas para diminuír o consumo enerxético no alumeado público e noutras instalacións e equipamentos municipais así como a incorporación paulatina de fontes de enerxía renovable e de criterios de eficiencia enerxética na contratación e adxudicación de servizos.

    2. A bonificación, axudas e asesoramento a proxectos que incorporen a captación de enerxías solar e outras fontes de enerxía renovable e a penalización via imposto de circulación aos vehículos no profesionais con maior consumo de carburante (todoterrenos).

    Páxina pincipal