SOSTENIBILIDADE, DINAMIZACIÓN DO MEDIO RURAL E EMPREGO VERDE
· O punto de partida da recuperación do medio rural é saldar con él a débeda da administración na dotación de servizos primarios. As parroquias demandan xa un plan de saneamento e traída de auga, cobertura telefónica de calidade e acceso as novas tecnoloxías como internet (inclusión de todos os lugares no Programa Nacional de Acceso á Banda Larga das Zonas Rurais). Pedimos que se abandone inmediatamente a práctica municipal de desviar os investimentos destinados a infraestructuras rurais cara a outras secundarias na vila.
· Dende o municipio se debe impulsar actividades económicas que non supoñan un deterioro ambiental para consolidar poboación no medio rural. Sectores de futuro como a agricultura ecolóxica ou as explotacións forestais de madeiras nobres, necesitan o decidido apoio da administración municipal que debe implicar a outras entidades como o CIS e as universidades para asesoramento tecnolóxico, loxístico e empresarial. Deste xeito os beneficios poden repercutir noutros sectores económicos como o comercio e o turismo de calidade e crear unha verdadeira rede de emprego verde.
· O fomento do turismo rural é unha aposta polo turismo sostible e non invasivo. Dende o concello se debe traballar pola promoción deste sector e apoiar as iniciativas cara a un turismo ecolóxico que converta a oferta turística do noso concello nunha referencia de calidade que debe estenderse a todo o sector hostaleiro. A contribución da administración pasa por facer un esforzo en prol da conservación e recuperación do entorno rural, que constitúe o activo principal deste sector.

Raquel Cobo dijo
Ë moi interesante leer estas propostas que poden ser asumidas dende a administración local, sabemos que é cuestión de tempo e de asesoramento activo, de ofertarlles as ideas e debatílas cos veciños, moitos deles xa as coñecen e só se necesita intercambiar ideas tanto ca Universidade como con outras entidades que toman iniciativas nestes temas.
15 Mayo 2007 | 10:08 AM