Propoñemos medidas para limitar a invasión de vehículos de motor no espazo público para minimizar a contaminación, os ruidos e os obstáculos que soportan os cidadáns:

· Desviar o tráfico de paso da vila mediate unha variante é unha medida indiscutiblemente necesaria para reducir a circulación, eliminar o tránsito de vehículos pesados e mellorar así a seguridade vial e os niveles de contaminación por CO2 . O concello de Ortigueira debe comprometerse con forza na execución este proxecto reclamando que se lle de prioridade a este tramo sobre outros do trazado da autoestrada do Cantábrico.

· Habilitar aparcamentos gratuítos nas zona de entrada á vila coa finalidade de disuadir a moitos vehículos de entrar na zona urbana para dar voltas buscando infructuosamente aparcadoiros.

· Estamos a favor da peonización de rúas do casco antigo, que non foron deseñadas e non dispoñen de espazo para acoller vehículos, restrinxindo a entrada de coches aos residentes e vehículos de carga e descarga, e animamos ao goberno municipal a incrementar o número de rúas peonís, en Ortigueira como en Espasante, recordando tamén que esta medida debe de ir acompañada de un verdadeiro acondicionamento destes espacios para o uso público. Poñemos como exemplo negativo deste tipo de intervencións a rehabilitación do Cantón, que foi abarrotada de elementos innecesarios que non contribúen a o uso social do espacio senón que o entorpecen.

· Demandamos a eliminación das barreiras arquitectónicas que en fan intransitables as ruas en casi a totalidade da vila. Pedimos particularmente que se fagan as beirarúas ao nivel da calzada para facilitar o tránsito de sillas de rodas e coches de nenos en Ortigueira e Espasante.

· Invitamos a facer unha decidida aposta por favorecer o uso da bicicleta, transporte cómodo e sustentable por antonomasia, incluíndo en tódolos novos planeamentos a habilitación do carril-bici e colocando aparcadoiros de bicicleta nomeadamente en zonas escolares e deportivas, así como na praia, en cuio aceso recentemente construido nos sorprende que esquecesen tan obvia necesidade. É inexplicable que se esté a facer unha reforma da estrada que comunica Ortigueira con Espasante prescindindo deste servizo que debería ter un trazado continuo alomenos dende Cuiña a Espasante. Creemos que o carril de bicicletas sería particularmente útil nas parroquias cuia población dispersa e descontinua necesita de todo tipo de esforzos que faciliten a comunicación.

· Atendendo a esta mesma demanda reclamamos para as parroquias un trazado para uso de peóns que actualmente teñen que transitar por estreitas pistas pensadas exclusivamente para automóbiles que circulan axiña e con gran inseguridade para eles para os transeúntes de a pé. Pensamos que as parroquias deberían de estar conectadas por accesos seguros e agradables para peóns e ciclistas como condición imprescindible para mellorar a comunicación e a integración dos seus habitantes. Avogamos particularmente pola recuperación para este uso de antigos camiños e congostras, que constitúen unha parte moi esquecida do noso patrimonio.

· Reclamamos que se reforcen as medidas de seguridade vial nos dous núcleos urbanos, habilitando en lugares puntuais novos pasos de peóns e instalando bandas sonoras elevadas que obriguen nas entradas á vila a reducir a velocidade dos vehículos.

· Finalmente, neste capítulo é necesario facer un especial esforzo en mellorar os desamparados medios de comunicación públicos na comarca. En aras da sustentabilidade, a administración municipal non pode deixar de implicarse na reivindicación de melloras no servizo de FEVE, reclamando un tren de mais velocidade e maior periodicidade e promovendo o seu uso. Tamén propoñemos que se fagan xestións para establecer un convenio cos concellos colindantes co obxecto de crear un transporte interurbano fixo que favorecería o intercambio económico, de servizos, e a comunidade de intereses (edcativo, cultural, etc) entre os veciños concellos.

Páxinaprincipal