Publicidad:
La Coctelera

ortigueira-sostible

PROPOSTAS AOS PARTIDOS PARA UNHA ORTIGUEIRA SOSTIBLE

4 Mayo 2007

URBANISMO

Un urbanismo sustentable é fundamentalmente racional. O planeamento urbanístico debe adecuarse as necesidades de crecemento real, que en Ortigueira non so non existe senón que ano tras ano pode acreditar un importante descenso de poboación. O feito de non incrementar o solo urbano vai evitar o deterioro ambiental e favorecer a permanencia dunhas inmellorables condicións de vida para os seus habitantes.

· Para garantir este principio, ameazado polas presións de grupos con intereses inmobiliarios e persoas próximas a quen toma decisións nestes procesos, é necesario artellar canles de participación cidadá e medidas que favorezan a transparencia na fase de redacción dos planeamentos municipais e na de execución dos mesmos.

· Apostamos por un planeamento urbanístico que atenda ao principio de compactidade fronte ao de dispersión: Sería desexable que se lle dera prioridade á ocupación dentro do núcleo urbano e a rehabilitación fronte a construcción de nova planta.

· Consideramos indispensable ademais rebaixar a edificabilidade en parcelas de alta densidade que permite a construcción de catro plantas. Obedecendo a intereses non especulativos do solo, dúas plantas construídas sería un aproveitamento axeitado e harmónico co tipo de edificacións que demanda unha vila de estas dimensións. En Espasante que ten a estructura de pequeno núcleo urbano non se debe dar cabida ás grandes promocións de numerosas vivendas, privilexiando a vivenda unifamiliar tradicional.

· Cremos necesario atender de xeito coidadoso á estética das construccións establecendo tipoloxías acordes coas tradicionais e coa paisaxe, tendo en conta que a ausencia de criterio deu lugar a o fenómeno do feísmo que non é alleo a nosa localidade e que ten tamén que ver coa harmonía dos espazos e a boa habitabilidade destes. Propoñemos con este obxecto que o concello facilite de xeito gratuito os planos para vivendas unifamiliares de nova planta ou de rehabilitación.

· Por último, a administración debe velar por garantir un acceso á vivenda socialmente xusto, non só excluíndo políticas que favorezan á especulación, senón creando solo e promovendo a vivenda de protección pública.

Páxina principal

servido por ortigueira-sostible sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Fotos

ortigueira-sostible todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera