Publicidad:
La Coctelera

ortigueira-sostible

PROPOSTAS AOS PARTIDOS PARA UNHA ORTIGUEIRA SOSTIBLE

23 Julio 2007

ESCRITO Á DIRECCIÓN XERAL DE URBANISMO

EXPÓN:

Que O Campo da Torre, catalogado como castro, está situado no casco urbano de Ortigueira. Forma parte dun promontorio que foi ocupado en época medieval por unha fortaleza da que non quedan mais restos que unha moi pequena parte da súa muralla e hoxe ten un muíño de vento recentemente restaurado.

No planeamento urbanístico do Concello unha ampla superficie do castro está cualificada como de Protección do Patrimonio. As normas subsidiarias de Ortigueira dispoñen para os xacementos arqueolóxicos unha área de protección de 100 metros contados dende o elemento mais exterior dos restos, nos que non se poderá construír, aínda que parte da referida zona de protección aparece grafiada no planeamento como zona urbana de núcleo lineal.

A principios deste ano comezaron as obras de desmonte para construír a urbanización “Parquemar”, de 67 vivendas, promoción da inmobiliaria “Os Celtas”, nunha parcela clasificada de núcleo lineal pero na zona de protección dos 100 primeiros metros do xacemento arqueolóxico nomeado. Segundo os datos que obran no expediente de concesión de licenza de obras número 119, facilitados polo Concello previa petición de información ambiental, a parcela ten unha superficie edificable de 3.395 m2 e no proxecto xustificase unha superficie total edificada de 3.389,45. Deste cómputo exclúense inxustificadamente a superficie baixo cuberta e as zonas exteriores privadas. Asemade os metros computados non se corresponden cos metros construídos. De incluír estes conceptos a superficie computable sería aprox. de 6.127,50 m2 e excedería a edificabilidade permitida en 2.732 m2.

Por todo o anterior SOLICITO a revisión da licenza outorgada polo Concello de Ortigueira para a construcción de 67 vivendas á inmobiliaria “Os Celtas” para determinar se se axusta á normativa aplicable, en concreto no que atinxe á protección do Patrimonio Arqueolóxico e á edificabilidade en zonas clasificadas de núcleo lineal. De non ser así solicito que se adopten as medidas oportunas para restituír a legalidade urbanística.

En Compostela a dezaseis de xullo de 20

Dirección Xeral de Urbanismo

servido por ortigueira-sostible sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Fotos

ortigueira-sostible todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera