Propoñemos medidas para limitar a invasión de vehículos de motor no espazo público para minimizar a contaminación, os ruidos e os obstáculos que soportan os cidadáns:
· Desviar o tráfico de paso da vila mediate unha variante é unha medida indiscutiblemente necesaria para reducir a circulación, eliminar o tránsito de vehículos pesados e mellorar así a seguridade vial e os niveles de contaminación por CO2 . O concello de Ortigueira debe comprometerse con forza na execución este proxecto reclamando que se lle de prioridade a este tramo sobre outros do trazado da autoestrada do Cantábrico.
· Habilitar aparcamentos gratuítos nas zona de entrada á vila coa finalidade de disuadir a moitos vehículos de entrar na zona urbana para dar voltas buscando infructuosamente aparcadoiros.
· Estamos a favor da peonización de rúas do casco antigo, que non foron deseñadas e non dispoñen de espazo para acoller vehículos, restrinxindo a entrada de coches aos residentes e vehículos de carga e descarga, e animamos ao goberno municipal a incrementar o número de rúas peonís, en Ortigueira como en Espasante, recordando tamén que esta medida debe de ir acompañada de un verdadeiro acondicionamento destes espacios para o uso público. Poñemos como exemplo negativo deste tipo de intervencións a rehabilitación do Cantón, que foi abarrotada de elementos innecesarios que non contribúen a o uso social do espacio senón que o entorpecen.
· Demandamos a eliminación das barreiras arquitectónicas que en fan intransitables as ruas en casi a totalidade da vila. Pedimos particularmente que se fagan as beirarúas ao nivel da calzada para facilitar o tránsito de sillas de rodas e coches de nenos en Ortigueira e Espasante.
· Invitamos a facer unha decidida aposta por favorecer o uso da bicicleta, transporte cómodo e sustentable por antonomasia, incluíndo en tódolos novos planeamentos a habilitación do carril-bici e colocando aparcadoiros de bicicleta nomeadamente en zonas escolares e deportivas, así como na praia, en cuio aceso recentemente construido nos sorprende que esquecesen tan obvia necesidade. É inexplicable que se esté a facer unha reforma da estrada que comunica Ortigueira con Espasante prescindindo deste servizo que debería ter un trazado continuo alomenos dende Cuiña a Espasante. Creemos que o carril de bicicletas sería particularmente útil nas parroquias cuia población dispersa e descontinua necesita de todo tipo de esforzos que faciliten a comunicación.
· Atendendo a esta mesma demanda reclamamos para as parroquias un trazado para uso de peóns que actualmente teñen que transitar por estreitas pistas pensadas exclusivamente para automóbiles que circulan axiña e con gran inseguridade para eles para os transeúntes de a pé. Pensamos que as parroquias deberían de estar conectadas por accesos seguros e agradables para peóns e ciclistas como condición imprescindible para mellorar a comunicación e a integración dos seus habitantes. Avogamos particularmente pola recuperación para este uso de antigos camiños e congostras, que constitúen unha parte moi esquecida do noso patrimonio.
· Reclamamos que se reforcen as medidas de seguridade vial nos dous núcleos urbanos, habilitando en lugares puntuais novos pasos de peóns e instalando bandas sonoras elevadas que obriguen nas entradas á vila a reducir a velocidade dos vehículos.
· Finalmente, neste capítulo é necesario facer un especial esforzo en mellorar os desamparados medios de comunicación públicos na comarca. En aras da sustentabilidade, a administración municipal non pode deixar de implicarse na reivindicación de melloras no servizo de FEVE, reclamando un tren de mais velocidade e maior periodicidade e promovendo o seu uso. Tamén propoñemos que se fagan xestións para establecer un convenio cos concellos colindantes co obxecto de crear un transporte interurbano fixo que favorecería o intercambio económico, de servizos, e a comunidade de intereses (edcativo, cultural, etc) entre os veciños concellos.
Páxinaprincipal
servido por ortigueira-sostible
3 comentarios
compártelo
Un urbanismo sustentable é fundamentalmente racional. O planeamento urbanístico debe adecuarse as necesidades de crecemento real, que en Ortigueira non so non existe senón que ano tras ano pode acreditar un importante descenso de poboación. O feito de non incrementar o solo urbano vai evitar o deterioro ambiental e favorecer a permanencia dunhas inmellorables condicións de vida para os seus habitantes.
· Para garantir este principio, ameazado polas presións de grupos con intereses inmobiliarios e persoas próximas a quen toma decisións nestes procesos, é necesario artellar canles de participación cidadá e medidas que favorezan a transparencia na fase de redacción dos planeamentos municipais e na de execución dos mesmos.
· Apostamos por un planeamento urbanístico que atenda ao principio de compactidade fronte ao de dispersión: Sería desexable que se lle dera prioridade á ocupación dentro do núcleo urbano e a rehabilitación fronte a construcción de nova planta.
· Consideramos indispensable ademais rebaixar a edificabilidade en parcelas de alta densidade que permite a construcción de catro plantas. Obedecendo a intereses non especulativos do solo, dúas plantas construídas sería un aproveitamento axeitado e harmónico co tipo de edificacións que demanda unha vila de estas dimensións. En Espasante que ten a estructura de pequeno núcleo urbano non se debe dar cabida ás grandes promocións de numerosas vivendas, privilexiando a vivenda unifamiliar tradicional.
· Cremos necesario atender de xeito coidadoso á estética das construccións establecendo tipoloxías acordes coas tradicionais e coa paisaxe, tendo en conta que a ausencia de criterio deu lugar a o fenómeno do feísmo que non é alleo a nosa localidade e que ten tamén que ver coa harmonía dos espazos e a boa habitabilidade destes. Propoñemos con este obxecto que o concello facilite de xeito gratuito os planos para vivendas unifamiliares de nova planta ou de rehabilitación.
· Por último, a administración debe velar por garantir un acceso á vivenda socialmente xusto, non só excluíndo políticas que favorezan á especulación, senón creando solo e promovendo a vivenda de protección pública.
Páxina principal
servido por ortigueira-sostible
sin comentarios
compártelo
· O punto de partida da recuperación do medio rural é saldar con él a débeda da administración na dotación de servizos primarios. As parroquias demandan xa un plan de saneamento e traída de auga, cobertura telefónica de calidade e acceso as novas tecnoloxías como internet (inclusión de todos os lugares no Programa Nacional de Acceso á Banda Larga das Zonas Rurais). Pedimos que se abandone inmediatamente a práctica municipal de desviar os investimentos destinados a infraestructuras rurais cara a outras secundarias na vila.
· Dende o municipio se debe impulsar actividades económicas que non supoñan un deterioro ambiental para consolidar poboación no medio rural. Sectores de futuro como a agricultura ecolóxica ou as explotacións forestais de madeiras nobres, necesitan o decidido apoio da administración municipal que debe implicar a outras entidades como o CIS e as universidades para asesoramento tecnolóxico, loxístico e empresarial. Deste xeito os beneficios poden repercutir noutros sectores económicos como o comercio e o turismo de calidade e crear unha verdadeira rede de emprego verde.
· O fomento do turismo rural é unha aposta polo turismo sostible e non invasivo. Dende o concello se debe traballar pola promoción deste sector e apoiar as iniciativas cara a un turismo ecolóxico que converta a oferta turística do noso concello nunha referencia de calidade que debe estenderse a todo o sector hostaleiro. A contribución da administración pasa por facer un esforzo en prol da conservación e recuperación do entorno rural, que constitúe o activo principal deste sector.
Páxina principal
servido por ortigueira-sostible
1 comentario
compártelo
- Ortigueira está a incumprir as directrices europeas en materia de depuración de augas residuais, os núcleos rurais están á cola en cuanto a saneamento e un núcleo importante como Espasante conta cunha depuradora insuficiente para o volume de residuos actual e, dende logo, ridícula para o número de vivendas que se pretenden construír: O municipio necesita xestionar un importante investimento para acometer obras de saneamento y depuración das augas residuais para acadar os niveis que esixe a Comunidade Europea, necesario para preservar a calidade e salubridade das augas da nosa comarca. Nos núcleos rurais sería desexable que se adoptaran os novos sistemas de depuración biolóxicas e minidepuradoras.
- Demandamos unha estratexia integral de xestión selectiva do lixo, que abarque todo o territorio municipal, incluíndo as parroquias. O destino do lixo recollido será a reciclaxe e a compostaxe
- Os municipios teñen tamén que tomar parte no esforzo colectivo contra o cambio climático, pola reducción de gases de efecto invernadoiro e polo aforro enerxético. Este compromiso implica:
1. A adopción de medidas para diminuír o consumo enerxético no alumeado público e noutras instalacións e equipamentos municipais así como a incorporación paulatina de fontes de enerxía renovable e de criterios de eficiencia enerxética na contratación e adxudicación de servizos.
2. A bonificación, axudas e asesoramento a proxectos que incorporen a captación de enerxías solar e outras fontes de enerxía renovable e a penalización via imposto de circulación aos vehículos no profesionais con maior consumo de carburante (todoterrenos).
Páxina pincipal
servido por ortigueira-sostible
1 comentario
compártelo